A Xunta recorrerá a suba da luz en Galiza polo canon eólico

O BOE publicou este martes unha orde que obriga á comunidade a repercutir este e outros impostos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que a Xunta "vai recorrer, sen ningunha dúbida", a decisión do Ministerio de Enerxía de repercutir na factura da luz dos consumidores e consumidoras galegas o canon eólico que no ano 2013 se cobrou ás empresas do sector.

O BOE publicou esta semana unha orde ministerial pola que se demanda ás comunidades autónomas que cuantifiquen o montante total dos suplementos territoriais recadados en 2013 que afectan á actividade eléctrica, para devolver esas cantidades ás empresas do sector que os pagaron.

A CIG considera que isto “é un disparate”, demandou da Xunta que reconsidere a tarifa eléctrica galega e exixe que diga o que vai facer para que “non paguemos máis polo recibo eléctrico cando producimos, somos excedentarios e asumimos ademais, as consecuencias sociais e medio ambientais”.

Comentarios