A Xunta pide ao grupo Stellantis unha fábrica de baterías na Galiza

O director de Stellantis en Vigo di que a decisión final depende da política do grupo 
Feixoo na planta de Stellantis en Vigo (Foto: Xunta da Galiza).
photo_camera Feixoo na planta de Stellantis en Vigo (Foto: Xunta da Galiza).

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, presentou a Ignacio Bueno, director do centro do grupo automobilístico Stellantis (antiga PSA) en Vigo, a candidatura da Galiza para acoller unha fábrica de baterías do grupo, unha decisión que Bueno aclarou: "Vai asociada a unha política global" da compañía.

Feixoo aproveitou a súa visita ao centro de produción da firma automobilística para defender que a Galiza "é un lugar adecuado para este tipo de investimentos multimillonarios" e púxose  "ao servizo de Stellantis" para proxectos deste ámbito.

"Da mesma forma que Stellantis investiu en baterías Francia ou en Italia, desde logo, nós presentamos a nosa candidatura", destacou Feixoo, quen insistiu en que se precisa "dun fabricante de automóbiles que acompañe ese proxecto". Así, afirmou que o grupo "coñece" esta candidatura e afirmou que se insistirá na mesma.

Pola súa banda, preguntado polos medios, o director do centro vigués de Stellantis lembrou que a finais de 2018 PSA iniciou contactos para estabelecer unha estratexia industrial para a fabricación baterías que permitiu a creación dunha empresa na que participa a firma agora integrada en Stellantis.

Posíbel anuncio do grupo 

Nesta liña, dixo que o grupo "vai ir dividindo a localización das fábricas de baterías onde a súa política industrial decida que é máis interesante".3s

Aínda que Bueno trasladou que Stellantis é consciente do "interese" da Galiza e de territorios de España por acoller estas factorías, remarcou que "a decisión vai asociada a unha política global de investimentos, industrialización e carga de traballo".

Na mesma liña, apuntou que probabelmente esta quinta feira o grupo realizará un anuncio a respecto diso nunha rolda de prensa.

Comentarios