A Xunta pedirá a Madrid que active unha mesa para dar unha solución a Alcoa San Cibrao

Feixoo e o conselleiro de Economía, Francisco Conde, comprometen o apoio do goberno galego durante unha reunión en Compostela co comité de empresa, que reclama con urxencia aplicar o estatuto electrointensivo.
marcha alcoa san cibrao
photo_camera Imaxe dunha marcha dos traballadores de Alcoa San Cibrao.

A Xunta pretende sentar á mesa a empresa, o goberno de Madrid e os traballadores. “A situación é de emerxencia”, segundo o conselleiro e “non hai motivo para que o Executivo central, cos ministerios de Industria e Transición Ecolóxica non convoquen este grupo de traballo que poida certificar se o estatuto electrointensivo é unha solución concreta para a produción de aluminio”.  

Desde o comité de empresa, Xosé Paleo (CIG), confirmou a urxencia. “Estámonos achegando o abismo”, dixo.  Paleo dubida da vontade política de Madrid, porque, lembrou, que a ministra de Industria, Reyes Maroto, foi invitada a visitar a planta de San Cibrao, e aínda non apareceu.

O prezo da enerxía "non permite competir con outros países da UE ", explicou Paleo, por iso “ é vital que se active o estatuto electrointensivo.
 

Comentarios