A Xunta de Núñez Feijóo deixou sen executar 200 millóns de euros orzamentados para I+D+i

Denunciouno o deputado socialista Abel Losada, que cifra en 150 millóns de euros os recortados polo executivo galego no Plan Galego de I+D+i desde 2009, coa volta do PP á Xunta.

laboratorio I+D investigación

Núñez Feijóo reduciu un total de 150 millóns de euros ao Plan Galego de I+D+i dende a súa chegada en 2009, e dos fondos que ficaron deixou sen executar por volta de 200 millóns de euros. “Este é o motivo”, dixo o deputado socialista Abel Losada, “de que o investimento deinnovación e desenvolvemento en Galiza pasara do 1,06 ao 0,86 por cento do PIB”. Por baixo da media estatal e europea. O portavoz de Economía, Industria e Innovación do PsdeG no Parlamento galegodeu estes dados durante a presentación de cvarias iniciativas parlamentares para propoñer un plan “de retorno do talento científico e profesional emigrado de Galiza”.

Losada propón así destinar un mínimo de 60 millóns de euros en catro anos para a recuperación e consolidación de 400 investigadores e investigadoras. Ademais quere destinar outros 30 millóns para un programa de talento profesional para recuperar a 200 mozos e mozas “altamente cualificados que tiveran que emigrar fóra” de Galiza , que serían beneficiarios de convenios a través do Again e o Igape.

Fronte ao “discurso triunfalista carente de autocrítica” do PP e de Feijóo, Losada cualificou de “fracasado” un modelo que provocou que o PIB medrara por debaixo da media, así como a ocupación. 

Comentarios