A Xunta, a que máis se beneficia da reforma laboral

Na autonómica destruíronse o 37% dos empregos que se perderon na administración no último ano, segundo un informe de CCOO

San Caetano, sé da Xunta
photo_camera San Caetano, sé da Xunta

Entre o primeiro trimestre de 2012 e o do presente 2013, destruíronse en Galiza 52.000 postos de traballo. A inmensa maioría dos mesmos, por volta de 49.000, corresponden a persoal asalariado dos sectores público (27.5000) e privado (22.000), segundo un informe de CCOO-Galiza.

Nesemesmo estudo sinálase que, no que atinxe ás administracións, a Xunta de Galicia é a que máis se beneficou da reforma laboral, "xa que concentra o 37% de todos os empregos que se perderon" nese eido. AliásComisións Obreiras denuncia que a reforma laboral acelerou o ritmo de destrución do emprego no noso país, "que se incrementou un 5% no último ano".

Neste documento apóntase a que boa parte do axuste de emprego realizouse mediante EREs. Deste xeito, no 2012 incrementouse un 163% o número de expedientes de regulación de emprego non pactados, mentres que se duplicaron os pactados. Tamén aumentou un 39% a cifra de persoas incluídas nun ERE (28.829), das que o 9 % acabaron co seu contrato rescindido.

Comentarios