A Xunta habilita 5,5 millóns en axudas para eficiencia enerxética

Máis de 1.500 familias galegas beneficiaranse das axudas para a instalación de enerxías renovábeis nos fogares.
Instalador de paneis solares (Foto: Unieléctrica).
photo_camera Instalador de paneis solares (Foto: Unieléctrica).

O aforro enerxético é unha das moitas preocupacións das galegas, e máis coa chegada do frío, co que a factura eléctrica sempre se dispara.

Para fomentalo, a Xunta pon sobre a mesa este ano tres liñas de axudas cun monto global de 5,5 millóns de euros que, segundos os cálculos da Administración, poderán beneficiar a más de 1.700 familias galegas.

Segundo os datos da Consellaría de Economía, as axudas mobilizarán 12,5 millóns de euros en investimentos para a instalación de fontes de xeración renovábel térmicas, enerxía fotovoltaica e biomasa nos fogares galegos.

En concreto, o Goberno galego prevé que as familias beneficiarias poidan aforrar 900.000 anuais nas súas facturas con estas melloras, ao tempo que deixarán de emitir 5.000 toneladas de CO2.

En detalle, serán 997 as familias galegas que reciban axudas para proxectos de enerxía renovábel.

Os proxectos de enerxía fotovoltaica chegarán a 514 fogares galegos, con axudas que van dos 5.500 euros até os 25.000 euros. 

A estes habería que engadir as axudas para a instalación de 200 caldeiras de biomasa, con importe máximo subvencionábel de 60.000 euros por persoa beneficiaria.

Comentarios