A Xunta destinará 27 millóns ao sector turístico. "Se falla, falla Galiza enteira", di Feixoo

O Xacobeo 2021 continúa a ser unha das grandes apostas do Executivo galego na reactivación da economía tras a emerxencia sanitaria. Nunha videoconferencia, Núñez Feixoo e varios dos seus conselleiros apostaron por comezar o plan de promoción do sector este mes.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, presentou o plan de reactivación do turismo ao sector xunto ao conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o de Economía e Industria, Francisco Conde (Imaxe: Europa Press).
photo_camera O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, presentou o plan de reactivación do turismo ao sector xunto ao conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o de Economía e Industria, Francisco Conde (Imaxe: Europa Press).

Este sábado axentes do sector turístico participaron dunha vídeoconferencia na estiveron presentes o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, o de Economía, Francisco Conde, e a directora de Turismo, Nava Castro.

O plan aprobado a pasada quinta feira e debullado hoxe estará dotado, segundo se avanzou telemáticamente, dun fondo de 27 millóns de euros. Núñez Feixoo reivindicou o potencial da actividade turística. “Se falla o turismo, falla Galiza enteira”, afirmou.

Coas fronteiras aínda fechadas e o plan de desescalada pendente de desenvolverse, e con revisións, unha das principais preocupacións do é a reactivación do turismo na peregrinación cara o Xacobeo 2021. “O mellor Xacobeo da historia”, segundo o propio Núñez Feixoo, quen asegurou en pasadas declaracións que a celebración será un “boom” para a economía galega.

O dirixente popular recoñeceu que o turístico é un “sector especialmente castigado” pola crise da COVID-19 e reiterou que é un dos que “máis preocupan” á Xunta. O turismo, asegurou, foi un “sector clave” para a recuperación da crise de 2008. Desde o Clúster de Turismo advertiron da posíbel destrución de até 30.000 postos de traballo neste eido.

O Clúster do Turismo advertiu da posíbel destrución de 30.000 postos de traballo

Nun seminario virtual da Real Academia Galega das Ciencias, o economista da USC Luís Caramés advertiu que o choque da economía no Estado español por mor da COVID-19 "pode ser maior polo monocultivo do turismo que fomos fomentando". Así o recolleu o portal especializado GCiencia, no que lembrou que non se poderá regresar a un modelo industrial xa perdido "e que outros países conservaron nunha estrutura máis equilibrada".

En tanto, o Xacobeo 2021 continúa a ser unha das grandes apostas do Executivo galego. "Somos un país turístico por excelencia e perderiamos unha oportunidade histórica se despois de décadas construíndo este destino pensaramos que o turismo é un sector máis da nosa economía”, asegurou Núñez Feixoo, ao tempo que demandou ao Goberno central considerar ao sector “unha peza separada” nos proxectos de reactivación económica.

A folla de ruta da Xunta pasa por trasladar ás visitantes que Galiza “é un destino seguro”. O plan debe comezar “xa”, neste mes de maio. O mencionado plan porase en marcha “as vindeiras semanas”. Dentro do mesmo contémplase a promoción da Galiza como destino de turismo

Comentarios