A Xunta deixará de ingresar 472 millóns por rebaixas fiscais en 2021

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez,  entregou hoxe o proxecto dos orzamentos galegos para 2021 ao presidente do Parlamento

Valeriano Martínez no pleno (Xunta)
photo_camera Valeriano Martínez (Foto: Xunta)

A Xunta deixará de ingresar 472 millóns por rebaixas fiscais en 2021, dato que é un 5,36% superior ao previsto nas contas en vigor, segundo destacou o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez.

Martínez entregou hoxe o proxecto dos orzamentos galegos para 2021 ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices, e a continuación presentouno en rolda de prensa.

No eido de rebaixas fiscais (da tarifa autonómica do IRPF, imposto de sucesións e impostos 0 no ámbito rural), o Goberno galego calcula  472 millóns que non percibirá a Administración galega afirmando que   "para que revertan en familias e fogares", posto que asegura que "o 95% son de carácter social".

Segundo resaltou o conselleiro, o seu departamento e o Executivo galego traballan "coa hipótese" de que ambasas leis, a de orzamentos e a de acompañamento (que inclúe as medidas de carácter fiscal), estean aprobadas na última semana de xaneiro.

Comentarios