A Xunta dá os primeiros pasos para replicar o modelo de Sogama na xestión da auga

O Executivo confía en ter operativo o novo ente antes de finais do próximo ano.

Ourense
Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Ourense. Na EDAR (crtra. OU-402 Ourense – Cortegada, km. 3
foto xon crespo
26/07/17
photo_camera [Imaxe: Xoan Crespo] Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Ourense.

Galiza sumará o próximo ano un novo ente público. Trátase dunha sociedade para a xestión do ciclo integral da auga na que a Xunta terá unha participación maioritaria e á que se poderán adherir os concellos que así o desexen.

A Xunta xustifica a creación deste novo ente na necesidade de “axudar” os concellos a xestionar correctamente as obras xa feitas, ao tempo que procura a garantía de protección da saúde pública e unha defensa da calidade das augas para a pesca, o marisqueo e o turismo.

O Consello da Xunta deu esta quinta feira luz verde ao inicio da tramitación do anteproxecto de lei para a creación desta sociedade, que segundo os cálculos do Executivo galego podería estar operativa a finais do vindeiro ano.

Tarifas igualitarias

Na rolda de prensa posterior ao Consello, o presidente Alberto Núñez Feixoo puntualizou que a xestión da auga seguirá sendo unha competencia local, pero que ao afectar a saúde pública ou a cuestións ambientais “a Xunta non pode manterse allea”.

Tamén explicou que a sociedade promoverá a xestión agrupada de todos os sistemas, tomando como referencia experiencias previas de explotación conxunta – o caso de Sogama – que permiten “aforros notábeis” nos custos a través do aproveitamento de sinerxias, ao tempo que asegurou que as tarifas, que se empregarán en novos investimentos, serán “igualitarias e homoxéneas”.

Comentarios