A Xunta convocará unha oferta de emprego público de 7.000 prazas

A oferta de emprego público amplíase este ano en 400 prazas e será finalmente de 3.400, unha OEP á que se unirá unha convocatoria doutros 3.400 postos de traballo en 2018

A pesar da alerta por coronavirus, Feixoo convoca oposicións ao corpo de profesorado para o 20 de xuño

A oferta de emprego público amplíase este ano en 400 prazas e será finalmente de 3.400, unha OEP á que se unirá unha convocatoria doutros 3.400 postos de traballo en 2018. Este foi o anuncio feito polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, durante a súa intervención no Parlamento no debate de totalidade do proxecto de lei de orzamentos da Xunta.

Martínez dixo que proporá aos sindicatos que haxa, "como mínimo" 3.400 prazas para 2018 (no marco dunhas 14.750 prazas até 2020 para baixar ao 7% a taxa de temporalidade), polo que se crearán "ao redor de 7.000 postos públicos de calidade" en dous anos.

Comentarios