Xunta contrata 20 persoas para controlar 'fraudes' nas prestacións a parad@s após despedir 220 orientadores laborais

CIG-administración cualifica de “cínica” á Consellería de Traballo por amosar “man dura cos desempregados, flexibilidade cos empresarios”

CIG-administración denuncia que a Consellería de Traballo  anunciou a contratación de 20 persoas coa finalidadede controlar posíbeis fraudes nas prestacións do Plan Prepara. Ou sexa, controlar as axudas que reciben @s parad@s que xa esgotaron tanto as prestacións como o subsidio e que percibirán 400 euros ao longo de seis meses.

A Xunta, logo, “contrata eses 20 postos ao tempo que leva destruido 223 nas oficinas de emprego de persoal “encargado das tarefas de orientación laboral ou os encargados da supervisión e control das subvencións que reciben as empresas procedentes dos fondos europeos, ata o punto de que a día de hoxe non sabemos quen se vai encargar destas funcións”

Para a CIG, esta actuación aposta por ”establecerun maior control sobre os parados e paradas tratando de criminalizalos por recibir axudas e retíranlles os servizos de orientación, ao tempo que fixan barra libre ás empresas para que fagan o uso que consideren dos fondos que reciben para o fomento do emprego”.

Comentarios