luns 25.05.2020

Os xulgados comezan a declarar nulo o índice IRPH das hipotecas

Até en nove ocasións, Xulgados de Primeira Instancia deixaron sen efecto o índice de referencia IRPH substituíndoo polo Euribor.
Descenden as execucións hipotecarias na Galica (Arxina).
Descenden as execucións hipotecarias na Galica (Arxina).

Os Xulgados de Primeira Instancia declararon nulo até en nove ocasións o Índice de Referencia de Préstamos Hipotecarios (IRPH) substituíndoo polo Euríbor após o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) abrise a porta o pasado 3 de marzo a que miles de clientes litigaran contra esta cláusula.

Ademais de modificar o índice de referencia das hipotecas, sumando en moitos casos o diferencial estabelecido en escritura que, ao ser comercializado noutras épocas é moi reducido (de 0,25% ou 0,4%), varias das sentenzas eliminan tamén dos contratos elementos abusivos como a cláusula solo (que chega até 4% nalgúns casos), gastos de notario, rexistro e xestoría, ou as comisións de apertura e vencemento anticipado, entre outras especificacións.

comentarios