30 de marzo e 6 de abril

Xornadas para reflexionar sobre a economía no século XXI

Lídia Senra e Xabier Pérez Dávila organizan unhas xornadas o 30 de marzo e o 6 de abril na Facultade de Filosofía da USC para tratar os sectores da enerxía, finanzas, terra, coidados, información e datos.

senra
photo_camera Lídia Senra

A eurodeputada Lídia Senra, en colaboración do economista Xabier Pérez Dávila, organiza no Salón de Actos da Facultade de Filosofía de USC as xornadas "A economía no século XXI", que terán lugar o 30 de marzo e o 6 de abril.

Nestes coloquios participarán persoas expertas na materia chegadas de diferentes países que tentarán dar resposta á pregunta: é posíbel que a propiedade pública, social e común, substitúa a propiedade privada capitalista en sectores económicos clave como son as finanzas, a enerxía, a terra, os coidados, a información e os datos?

A candidata de En Marea ás proximas eleccions europeas e o membro do Consello das Mareas critica que o neoliberalismo impuxo nas últimas décadas unha única política económica posíbel cuxas consecuencias son o aumento da explotación, o descenso dos salarios, a desigualdade crecente, a precarización do traballo e a aceleración da crise ecolóxica, entre outras.

Senra e Dávila animan a asistir a todas aquelas persoas e colectivos que loitan por unha sociedade máis xusta e igualitaria e interesados no estudo da economía. Todos os coloquios están abertos ao público, sen necesidade de inscrición previa.

Programa

Sábado 30 de marzo:

9h.: inauguración

9:30h.: Enerxía: é posíbel a transición a un sistema descentralizado baseado en enerxías renovábeis? Da man de Margarita Mediavilla Pascual (Grupo de Enerxía, Economía e Dinámica de Sistemas da Universidade de Valladolid) e moderado por Xoán Doldán, decano da Facultade de Económicas da USC.

11:30h.: Propiedade da terra e soberanía alimentaria. Da man de Xoán Carlos Carreira Pérez (enxeñeiro agrónomo e profesor retirado da USC) e Marina dos Santos (Dirección Nacional do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra) e moderado por Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego.

16h.: Finanzas: privadas ou públicas. Da man de Ricardo G. Zaldívar (ex-coordenador de ATTAC no Estado español) e moderado por Adrián Dios, da Coordenadora de En Marea.

17:30h.: Economía de coidados: conceptos e debates. Da man de Mertxe Larrañaga Sarriegui (profesora  de Economía Aplicada na Universidade do País Vasco) e moderado por Paula Vázquez Verao, deputada de En Marea no Parlamento Galego.

Sábado 6 de abril:

10h.: Os nosos datos, son propiedade común? Da man de Ekaitz Cancela Rodríguez (autor do libro Despertar do soño tecnolóxico) e moderado por Lídia Senra.

11:30h.: Romper co consenso, planificación para unha economía socialista. Da man de William Paul Cockshott (profesor de Computing Science na Univesidade de Glasgow) e moderado por Xabier Pérez Dávila.

Comentarios