Xornada de folga e manifestación en Vigo contra os despedimentos en Freiremar

O ERE deixa na rúa a 101 d@s 115 operari@s da cuarta pesqueira do Estado español. O comité de empresa cualifica de “nulo” o expediente e pedirá a nulidade dos despedimentos.

Freiremar
photo_camera Foto: @iagomoreno

De novo en Vigo e de novo no sector industrial. A decisión de Freiremar, cuarta pesqueira do Estado, de despedir a 101 dos 115 traballadores supón reducir ao mínimo do mínimo a actividade dos centros da empresa en Vigo. Para reaxir perante este novo golpe, unha manifestación partiu de Bouzas con remate na Delegación da Xunta mentres que transcorría a xornada de folga (que afectaba só aos 14 operarios que permanecen na empresa en Vigo).

Para sindicatos e comité de empresa o ERE non é válido, por iso pedirá a nulidade dos despedimentos, xa que contén irregularidades na  tramitación e,”foi negociado de mala fe pola empresa “, non so porque relizou os despedimentos coa mínima indemnización legal, senón que non presentou un proxecto alternativo nin formulou medidas menos radicais e perxudicais para os empregados.

A CIG ten denunciado que a actuación dos directivos da firma estivo encamiñada ao “desmantelamento das plantas de traballo, para salvagardar unha única parte da súa actividade: a flota pesqueira”, ademáis, reitera que, ainda que no caso de que os despedimentos fosen definitivos, Freiremar ten uns activos que superan “con moito” a débeda de 180 millóns de euros presentada pola empresa.

Comentarios