Vulcano presenta no xulgado un ERE extintivo e pon fin a un século de historia

A inicios de século XXI falar de Vulcano era falar do segundo maior estaleiro privado en todo o Estado español en canto a toneladas contratadas. Unha icona que morre. Os administradores concursais da empresa presentaron nun xulgado de Vigo un ERE extintivo para os 69 traballadores e traballadoras deste estaleiro vigués.

[Imaxe: Wikipedia] Instalacións de Vulcano
photo_camera [Imaxe: Wikipedia] Instalacións de Vulcano

A inicios de século XXI falar de Vulcano era falar do segundo maior estaleiro privado en todo o Estado español en canto a toneladas contratadas. Unha icona que morre. Os administradores concursais da empresa presentaron nun xulgado de Vigo un ERE extintivo para os 69 traballadores e traballadoras deste estaleiro vigués.

O persoal pide á Xunta que non deixe caer este estaleiro e incide en que o naval esá nestes momentos nun bo momento, con aumento de pedidos e encargos. Nese escenario, indica, perder 70 operarios e operarias co nivel de experiencia e formación como os de Vulcano é algo que non se pode permitir.

En febreiro o sindicalista César Rodríguez advertía do golpe que suporía o fechamento desta factoría: “A día de hoxe é o segundo estaleiro con máis capacidade de contratar persoal na Ría de Vigo”. O golpe chegou. Agora hai un prazo dun mes para negociar as condicións de extinción dos contratos.

Comentarios