Vulcano encadea o seu décimo cuarto ERE

O asteleiro ten menos de 90 operarios cando hai dúas décadas superaba os mil.

Estaleiro, naval

Vulcano, outrora un dos buques insignia do naval vigués, segue sen saír a flote. A dirección informou o cadro de persoal de que a vindeira semana comezarán as negociacións para un novo expediente de regulación de emprego (ERE) temporal, que coincide co remate do ERE que se aplica agora. Será, pois, o ERE número 14 que aforntan os traballadores deste asteleiro desde o 2011. Un cadro de persoal que na actualidade compoñen 87 operarios, cifra moi afatada dos máis de mil cen que traballaban na factoría hai dúas décadas.

Fontes sindicais indican que este novo ERE permitirá a Vulcano ganar tempo para intentar fecgar o contrato que negocia sobre o 'ferry'. O asteleiro leva tres anos á procura de comprador para un ferry a medio facer. O asteleiro leva cinco anos de práctica inactividade, con só pequenos traballos de caldeirería e a construción dunha rampa para o Porto de Vigo.

Implicación

A comezos de verán os sindicatos CIG, CCOO e UXT pediron a implicación activa dos poderes públicos para o naval de Vigo e facer fronte a unha situación que consideran “complicada”. Centrais como a CIG tamén propuxeron que a Xunta entrase nos consellos de administración daqueles estaleiros e factorías que, como Vulcano, recibiron apoios económicos da administración.

Comentarios