Video do ‘Enterro de dereitos laborais e sociais’ en Vigo

Unhas 300 persoas participaron no acto da CIG para denunciar as consecuencias da reforma laboral

Vigo acolleu un “enterro dos dereitos sociais e laborais”, unha mobilización celebrada no marco das convocatorias da CIG en diversas cidades da Galiza contra a reforma laboral. Na cidade olívica, unha comitiva fúnebre partiu da Porta do Sol para percorrer a rúa do Príncipe até o Marco, onde se celebrou o responso, para despois regresar ao punto de partida. O acto, no que participaron máis de 300 persoas, rematou coa intervención do secretario comarcal, Serafín Otero, que lembrou que a CIG seguirá a contestar na rúa os ataques contra a maioría social, a clase traballadora.

Comentarios