As vendas da industria caen 40% na Galiza

A segunda maior caída no Estado no mes de maio.

industria
photo_camera industria

As vendas da industria caeron en 39,9% en maio na Galiza en comparación co mesmo mes do ano anterior, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Esta cifra, que é máis moderada que o 48,3% de caída rexistrado en abril, supón unha vez máis a segunda maior queda a nivel estatal, só por baixo de Balears (42,1%) e máis de seis puntos por riba da media estatal (33,1%).

A raíz do impacto do coronavirus na actividade económica, na Galiza prodúcense tres descensos interanuais consecutivos --marzo, abril e maio--, tras os incrementos de xaneiro e febreiro cos que principiou o ano.

No acumulado do ano, entre xaneiro e maio prodúcese unha diminución do 18,3%, na liña da media estatal (do 18,1%).

Comentarios