A venda da Lotaría de Nadal cae na Galiza por mor da pandemia

Malia as adquisicións de última hora, os estabelecementos auguran unha baixada de entre 15 e 20%. O 19 é unha das terminacións máis demandadas.  
Os bombos da Lotaría de Nadal, preparados para o Sorteo Extraordinario do día 22. (Foto: SELAE)
photo_camera Os bombos da Lotaría de Nadal, preparados para o Sorteo Extraordinario do día 22. (Foto: SELAE)

Entre os múltiplos campos nos que se aprecia a incidencia da pandemia, está a provocar unha caída nas vendas de Lotaría de Nadal.

Prevese que a Galiza feche cun volume de vendas inferior ao do ano pasado, que se atribúe e circunstancias como o confinamento, a diminución da actividade turísticas, os ERTE ou os feches perimetrais das últimas semanas.

As responsábeis das administración de lotaría ven nesta situación co reflexo de circunstancias como o feche da hostalaría, unha das súas principais canles de distribución.

Administracións de Vigo, Santiago ou Coruña apuntan a que este tipo de estabelecementos supoñen até 40% dos décimos vendidos.

Do mesmo modo, áreas como Sanxenxo e as Rías Baixas ou Compostela víronse afectadas pola baixada no turismo e os fechamentos perimetrais.

Tampouco tiveron as administracións galegas este ano tanta demanda desde escolas, clubs de fútbol e outro tipo de agrupacións, que tradicionalmente sufragan parte dos seus gastos vendendo participacións.

Os ERTE nos que se atopan moitas persoas traballadoras tamén terían feito baixar os décimos que van para as empresas ou adquiren grupos de compañeiros e compañeiras  de traballo.

Recuperación nas últimas semanas

Las estimacións hai pouco máis dun mes apuntaban unha caída de vendas por volta de 50%. Porén, as administración galegas veñen rexistrando un incremento nas últimas semanas, coa proximidade do sorteo, polo que a baixada prevese entre 15-20%.

Curiosamente, entre as terminacións máis demandadas deste año está o 19 (como a Covid-19) e o 20, en referencia ao ano, que se suman ás tradicionais cifras estrela: 13, 5 e 7.

Comentarios