Urxen a suspensión da reforma laboral tras admitir o Tribunal Constitucional o recurso contra a lei

O recurso presentado por 115 deputad@s de partidos de esquerda vai dirixido contra sete artiglos e dúas disposicións da norma
TC
photo_camera TC

O Tribunal Constitucional vén de admitir a trámite o recurso presentado contra a reforma laboral e promovido por formacións de esquerda do Congreso español. A admisión a trámite prodúcese tan só uns meses despois da súa entrada en vigor e sen que a súa aplicación servise para frear o incremento do desemprego, que no conxunto do estado supera os cinco millóns de persoas.

O recurso do grupo socialista e da Izquierda Plural (IP) está dirixido contra sete artigos e dúas disposicións da norma.

Estes puntos da lei atribúen á Comisión nacional de convenios colectivos a facultade para acordar a non aplicación de cuestións pactadas por convenio, alén de dar preferencia ao convenio de empresa, fixar un ano de proba no novo contrato fixo para pemes e eliminan os salarios de tramitación, entre outras cuestións.

@s 115 deputad@s de PSOE e IP que suscribrion o recurso entenden que eses puntos atentan contra o papel institucional que se lle recoñece aos sindicatos e ás organizacións empresariais, así como contra o dereito de negociación colectiva, o dereito ao traballo, o dereito á tutela constitucional e á tutela xudicial efectiva.

Parlamento de Nafarroa e Xulgado de Madrid

Cómpre lembrar que a este recurso se engade o presentado polo Parlamento de Nafarroa, alén da cuestión de inconstitucionalidade promovida polo xulgado do social número 30 de Madrid, por entender que algúns aspectos relativos ao despedimento vulneraban o principio á tutela xudicial efectiva e o dereito de igualdade de trato estabelecidos na Constitución.

Denuncias

A admisión deste recurso xa levou a que certas formacións, caso de Izquierda Unida, pidan que se supenda a aplicación da reforma laboral até que o TC dictamine finalmente ao respecto.

Xa no momento da aprobación da reforma laboral, organizacións políticas e sindicais alertaban que supuña violentar normas recollidas na propia constitución, para alén de advertiren que non ía servir para deter a destrución de emprego, senón todo o contrario.

Comentarios