Unidade sindical para exixir o desbloqueo dos convenios de comercio, téxtil e hostalería

A vixencia dos convenios remata en xullo e a nova reforma laboral implica a fin da ultraactividade dos mesmos, polo que os e as traballadoras destes sectores perderían os dereitos salariais, laborais e sociais conquistados nos últimos anos.
textil

CIG, CCOO e UGT veñen de iniciar un calendario de mobilizacións para instar á patronal a que desbloquee as negociacións dos convenios de comercio vario, comercio alimentación, téxtil e hostalería, sectores nos que traballan milleiros de asalariad@s galeg@s. A vixencia destes convenios remata en xullo e coa reforma laboral, a partir de aí “van perder eficacia, poden perder a súa ultraactividade e, polo tanto desaparecer”. A consecuencia inmediata podería ser a perda dos dereitos salariais, laborais e sociais conseguidos nos últimos anos, alertan desde a central nacionalista.

Paulo Rubido, do sindicato nacionalista, especifica que se non se corrixe esta situación e “non somos capaces de negocialos, un 30-40% da poboación asalariada galega pode ver reducidas as súas retribucións económicas a 641 euros mes e pasar a estar regulada polo Estatuto dos Traballadores, co cal quedarían unicamente coa lexislación básica e perderían todos os dereitos gañados nos últimos anos, como as prestacións de baixa, días de licenzas retribuídos por coidados de nais-pais... “

Comentarios