Unha marcha até a residencia de Feijóo lembra a 'desfeita' do seu mandato para o emprego público

De San Caetano, sede administrativa da Xunta, até Monte Pío, residencia do Presidente autonómico, unha marcha de empregad@s públic@s denunciou os recortes e medidas do goberno do PP en prexuizo deste sector e do conxunto da cidadanía
marcha

Unha marcha lúdica e reivindicativa CCOO convocada por CIG e percorreu nesta quinta Compostela, desde San Caetano até Monte Pío, para denunciar as políticas do goberno de Núñez Feijóo ao longo deste mandato. Medidas, poñían de manifesto os manifestantes, que se concentraron en duros recortes e ataques aos empregados públicos, así como en prexuízos para a cidadanía.

"Cero dereitos para @s empregad@s públicos e cero servizos para a cidadanía". Así resumían desde os sindicatos convocantes o que supuxo para a administración este mandato de Feijóo. E para denunciar este escenario, organizaron unha mobilización que tiña como estación de término a residencia oficial do presidente da Xunta, ubicada en Monte Pío. E alí, provistos de pan, organizaron una chourizada. "O pan traémolo nós, os choruizos están dentro", sinalaban en referencia a Monte Pío.

"Que se vaian"

Na marcha non faltaron as palabras de orde xa habituais nestes meses de mobilizacións, como "a culpa de quen é, dos que votan ao PP" ou "non hai pan para tanto chourizo". No transcurso da manifestación, a megafonía animou a mobilización con estractos dos discursos de Rajoy e Feijóo, cortes do himno que Los Limones compuxeron para esta campaña do PP de Galicia. E mesmo o tan famoso himno popular oitenteiro en Euskadi Que se vayan, toda unha metafora do sentir d@s participantes cara ao Partido Popular.

Comentarios