Unha manifestación defende en Vigo un futuro para o sector naval

Convocada polas centrais CIG, CCOO e UXT alerta das consecuencias da devolución do 'tax-lease' para o sector. 

naval

Horas despois de que Almunia, comisario Europeo de Competencia, confirmase que o naval vai ter que devolver as axudas do 'tax-lease' (uns 2.800 millóns de euros), unha manifestación percorreu Vigo para defender un futuro para un sector fulcral para a comarca e para o país.

A mobilización estaba convocada desde a semana pasada polas tres centrais (CIG, CCOO e UGT) e tiña como obxectivo deixar claro a Bruxelas o rexeitamento a unha posíbel decisión da UE de que había que devolver o 'tax-lease'. E esa decisión está máis perto. Será o vindeiro día 17. E Almunia xa adiantou que sentido vai ter: pedir a devolución das axudas.

Para os sindicatos, isto implica a defunción do sector, que xa levaba anos atravesando unha profunda crise traducida en milleiros de empregos perdidos.

Comentarios