Un terzo d@s parad@s galeg@s levan máis de dous anos sen emprego

O informe Mercado de Traballo en Galiza 2012, elaborado pola CIG, sinala que o desemprego medrou de media nun 18,6% o ano pasado. Aliás, advirte das consecuencias demoledoras a nivel social e de país da constante destrución de emprego
Fileira desemprego
photo_camera Fileira desemprego

O gabinete técnico da CIG elaborou o estudo Mercado de Traballo en Galiza 2012, un extenso informe no que se debulla polo miúdo a situación do mercado laboral e as súas consecuencias e repercusións a nivel social. No documento hai datos reveladores de cal é o escenario do mercado de traballo en Galiza. Así, sinálase que perto do 30% d@s parad@s galeg@s levan máis de 2 anos sen emprego. Cómpre lembrar que se considera parado de longa duración a aquel que leva máis dun ano a procurar traballo.

 O sindicato nacionalista constata que "hai 156.000 parados máis en 2012 que os estimados en 2008, o que supón un incremento do 136%.; ademais a medida que aumenta a permanencia no paro medra a proporción de parados que están nesa situación; é dicir non so medra o número de parados total, senón que cada ano que pasa aumenta o tempo que levan parados".

Sen a emigración a taxa de paro galega sería practicamente igual que a media do Estado, que está en torno ao 26%

Pontevedra, zona cero: Un de cada dous empregos destruídos nestes anos foino nesa provincia

Desde o ano 2008, o 46,8% dos postos de traballo que se destruíron en Galiza foron na provincia de Pontevedra, o que supón prácticamente un de cada dous. Durante 2012, en termos relativos, foron Lugo e Ourense as máis afectadas pola crise, mais en termos absolutos continuou sendo Pontevedra a máis prexudicada, o perder 18.000 empregos na provincia;o que sumados ós anteriores lévanos a un total de 75.000 empregos menos nos últimos catro anos nestas provincia, un 18%.

Outro dato a ter en conta é que sen a emigración a taxa de paro galega sería practicamente igual que a media do Estado, que está en torno ao 26%; "de aí, que o goberno da Xunta oculte os datos da emigración".

Na Galiza hai 84.500 fogares con tódolos activos parados, un 26% máis que no ano anterior.

Exclusión

Na Galiza hai 84.500 fogares con tódolos activos parados, un 26% máis que no ano anterior. Nestes fogares "pode haber persoas inactivas ou non, e isto pode ser bo ou malo, se os inactivo son xubilados ou pensionistas con ingresos é bo, pero se os inactivos son menores de16 anos pode ser dramático". 

En 23.300 ( un 36,3% mais que no ano anterior non hai inactivos) non hai inactivos; en 61.200 hai inactivos e tódolos activos están parados.


Comentarios