Un operario precisa 10 días de traballo para gañar o que un alto executivo nunha hora

Un estudo de 'The Economist' sitúa o Estado español, Italia e os países ex-soviético como dos de maior fenda salarial entre patróns e empregados de toda Europa. Un xefe executivo gaña de media 788 euros/hora fronte os menos de 4 euros por hora do operario de menores ingresos. Canda o Estado español, Italia e os países ex-soviéticos. No outro extremo, os países nórdicos

A fenda salarial segue a alargarse

Canto tempo debe de traballar un operario para gañar o que o seu patrón gaña nunha hora?. Esta é a pregunta a partir da cal o xornal británico The Economist elabora unha análise que pon o lente sobre os diversos estados europeos e as fendas salariais existentes.

Xornalistas e economistas empregan para responder esa pregunta datos oficiais da Unión Europea (Eurostat), datos de pagamentos no sector privado obtidos a través da Federación de Empresarios de Europa, cifras e variábeis sobre horas traballadas por semana, etc... E a resposta é que en Italia, e nunha medida moi semellante no Estado español, “un traballador medio precisaría 10 días para gañar os máis de 760 euros que o presidente executivo da empresa gaña nunha hora”. Unha fenda que non é igual de grande en todo o continente, tal e como se sinala nesta reportaxe.

No que atinxe ao Estado español, un alto executivo dunha empresa mete de media no peto 788 euros por hora. O traballador peor pago da empresa gaña de media menos de catro euros.

“As desigualdades salariais entre a cúpula e o máis humilde traballador é maior en países ex-soviéticos, e España e Italia”, enfatizan en The Economist

Menor disparidade

A disparidade é menor nos países nórdicos e en Suíza, onde presuntamente todos son ben pagados. Pero cantas horas traballa un executivo? Estudos do uso do tempo do Proxecto Executivo, unha unidade de investigación creada para supervisar aos empresarios, apunta a que traballarían 45-55 horas á semana (en comparación co do traballador medio, que estaría nas 38 horas). A maior parte dese tempo é adicado a reunións, encontros e xuntanzas

Comentarios