Un estudo indica que medrará o desemprego nos vindeiros meses

As medidas que está a adoptar o goberno español non dan resultados. As propias empresas de traballo temporal aseguran que vai ir a peor nos vindeiros meses.

Segundo un estudo realizado pola Asociación de Grandes Empresas de Traballo Temporal (Agett), o desemprego medrará nos vindeiros meses no Estado español. A previsión é que a ocupación baixe un cinco por cento chegando aos 17,4 millóns de empregad@s. O informe realizouno en colaboración con Analistas Financeiros Internacionais.  Esta institución adiantou que no terceiro trimestre asistiremos á maior caída anual de emprego desde que comezou a crise.

No terceiro trimestre producirase a maior caída anual de emprego desde que comezou a crise

Unha das razóns deste mal dato é que a perda de postos de traballo no sector público chegará ao seis por cento, semellante á d@s empregad@s no sector privado.
A investigación sinala que nos últimos tres trimestres, o número de asalariad@s no sector público baixara nuns 180 mil efectivos, cifra que aumentará a partir de setembro, cando se fagan evidentes as medidas adoptadas para cumprir co déficit fiscal.

Seis millóns de desempregad@s
Agett afirma no seu informe que as perspectivas do mercado laboral son negativas, pois no que resta de ano a desocupación podería chegar aos seis millóns de persoas. En xullo o paro rexistrado baixou en 27. 814 empregad@s, sobre o que Agett apuntou que de non ser pola redución de parados entre o colectivo sen emprego anterior, na súa maioría mocidade menor de 25 anos, o balance aínda sería peor.

Comentarios