Un debate sobre o expolio do aforro galego inaugura hoxe, ás 21:30, Irmandade TV

Hoxe nace Irmandade TV, unha televisión na rede que procura informar e analizar a realidade desde parámetros soberanistas e de esquerda

Hoxe nace Irmandade TV, unha televisión na rede que procura informar e analizar a realidade desde parámetros soberanistas e de esquerda. O programa 'O Debate' será o que de o pistoletazo de saída, ás 21:30 horas, a este proxecto, que ve a luz após meses de traballo, compromiso e ilusión.

Conducido por Aurélio Lopes, esta primeira emisión de 'O Debate' vai afondar no expolio do aforro galego. A quebra das caixas, o calote das preferentes... van ser analizadas e debulladas por distintos convidadados.

Democratizar a información

'O Debate' nace para se adentrar naquelas cuestións ou temas de importancia para o país, achegando diferentes perspectivas e miradas para tentar ofrecer unha visión de conxunto en benefocio dan espectadora.

O obxectivo de 'O Debate' é democratizar a información e utilizar as redes sociais para que o telespectador participe activamente e sexa así parte do proxecto.

Irmandade TV nace, aliás, coa vocación de incorporar á súa grella novos contidos e formatos: musicais, culturais, de cociña... Explorando tamén a parcería con outros colectivos e proxectos.

Para o programa de 'O Debate', Irmandade TV conta coa colaboración en parcería de gzvideos.info

Comentarios