Sindicatos chaman á mobilización nun Día da Clase Obreira de combate contra a crise e os seus responsábeis

As rúas de Galiza volverán acoller neste 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, diferentes mobilizacións e manifestacións convocadas ben por CIG ben por CCOO e UXT.  A defensa da negociación colectiva, a denuncia do empobrezamento da maioría social ou a reivindicación da soberanía nacional (isto polo sindicalismo nacionalista) son algunhas das reivindicacións.
Folga Xeral

Tanto CIG, como UXT e CCOO, estas dúas, unidas; van conmemorar neste 10 de marzo o Día da Clase Obreira Galega. Mais un ano, diversas manifestaci´ñons percorrerán as rúas das cidades do país. 

Emprego, dereito á negociación colectiva e dereito á soberanía nacional son os tres grandes eixos arredor dos que a CIG conmemora este ano o 10 de Marzo. O secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, afirma que nesta neste ocasión a defensa da negociación colectiva resposta a que neste 2013 por volta de 400.000 traballadores en Galiza poderían ficar sen convenio colectivo. "Un ataque sen precedentes", resumíu Seixo. Para Suso Seixo, coa intención de finiquitar a negociación colectiva o que se está a procurar é "lograr unha queda nos salarios de por volta do 25% aliás de aumentar a precariedade laboral". 

Outra das reivindicacións da CIG nas mobilizacións deste 10 de marzo é a soberanía nacional. Para Seixo, reivindicar a soberanía ten máis validez ca nunca "nestes tempos en que os poderes que toman as decisións que tanto nos afectan non están en mans da cidadanía. Por iso faise máis preciso reivindicar a soberanía". 

"Rexeneración democrática"

Pola súa banda, UGT e CCOO convocan á cidadanía a se mobilizar o vindeiro 10 de marzo baixo a palabra de orde de 'Contra o paro e pola rexeneración democrática'. Os sindicatos secundan así iniciativa de mobilizacións convocadas pola Confederación Europea de Sindicatos en toda a Unión Europea. 

"Hai que lle facer saber ao Goberno de España que o tempo das mentiras e os discursos baleiros rematou. Seis millóns de persoas en paro en España, trescentas mil en Galicia, das que cento vinte mil non reciben ningún tipo de prestación, noventa e un mil fogares galegos con todos os seus membros en desemprego, e máis do 22 % da poboación da nosa comunidade vivindo por baixo do limiar da pobreza son a insoportable realidade".

CIG. Mobilizacións do 10 de marzo

Vigo. 11:30 horas. Cruce Lepanto con Gran Vía

Lugo. 12 horas. Ronda da Muralla

Pontevedra. 12 horas. Praza da Ferraría

Ferrol. 12:30. Avenida de Esteiro

Compostela 12:30. Praza Roxa

Ourense. 12 horas. Pavillón dos Remedios

A Coruña. 12 horas. Praza de Vigo

CCOO e UGT: todas ás 12h, agás Ourense, que será ás 11:30

A Coruña: praza da Palloza - Obelisco

Ferrol: monumento 10 de Marzo - praza de Armas

Santiago de Compostela: Alameda - praza das Praterías

A Mariña: concentración ás 12 h na praza da Mariña

Lugo: rolda da Muralla, n.º 58 - Subdelegación do Goberno

Ourense: pavillón dos Remedios - Subdelegación do Goberno

Vilagarcía de Arousa: avenida da Mariña - praza da Ravella

Pontevedra: praza da Ferrería - Subdelegación do Goberno

Vigo: cruzamento da Vía Norte con Urzáiz - edificio administrativo da Xunta

Comentarios