UE e Marrocos atinxen un acordo de pesca que esquece a flota galega

O convenio será por 4 anos e terá un custo de 40 millóns de euros por exercicio. Un cento de buques do Estado español, principalmente canarios e andaluces, van se beneficiar de poder volver a augas de Marrocos. O BNG denuncia que "a flota galega exclúese"


 

Barco
photo_camera Barco

A Unión Europea e Marrocos acadaron un acordo de pesca por catro anos. Un convenio que beneficia a un cento de buques da flota do Estado español. Principalmente, barcos canarios e andaluces. Os buques galegos que poderán pescar nas augas marroquís serían só 16, dos cales 11 son palangreiros de fondo e 5 arrastreiros conxeladores.

O novo réxime terá un custo anual de 40 millóns de euros para as arcas da UE e, segundo sinalaron fontes do Ministerio a Europa Press “atende á resolución da Eurocámara para o respecto dos dereitos humanos da poboación do Sahara Occidental”.

E Galiza?

O portavoz de pesca do BNG, Daniel Rodas denuncia que a firma do Acordo Pesqueiro con Marrocos, pon de relevo a falta de compromiso do Goberno central e do Ministro Arias Cañete coa flota cefalopodeira galega ao asinar un acordo que só permite faenar a 100 barcos de pavillón español, excluíndo á flota galega que se verá abocada a súa desaparición ao poder acollerse ao acordo só 5 barcos arrastreiros.

Comentarios