U-los 400 euros?

Persoas beneficiarias da prestación de 400€ pertencentes ao Plan Prepara denuncian o impago do mes de xullo.
photo_camera Fátima Báñez, ministra de emprego

Desempregad@s de diversos territorios do estado español --entre el@s galeg@s-- denunciaron que o goberno non lles ingresou a prestación correspondente ao mes de xullo. As persoas beneficiarias desta prestación esgotaron o paro e o subsidio por desemprego polo que os seus ingresos domésticos supoñen menos do 75% do soldo mínimo interprofesional.

Moitas familias, en grave situación económica, dependen case en exclusiva desta axuda estatal. O Ministerio de Emprego, baixo as ordes de Fátima Báñez, alega "problemas contábeis" para xustificar o impago da subvención. O Plan Prepara --do que emana a axuda--, cuxa data de caducidade é o 15 de agosto, supón un ingreso prioritario para a subsistencia de máis de 200.000 parad@s.

O goberno de Rajoy garda silencio.

O remate da axuda, previsto para finais deste mes, constitúe unha das principais preocupacións políticas, segundo o goberno, o obxectivo do programa é contribuír á inserción laboral das persoas que o reciben mais a ministra de emprego asegurou nestes días que non está dando resultados polo que o goberno garda silencio sobre a súa posíbel renovación, ao tempo que afirman, aínda non hai unha decisión tomada. O propio presidente do goberno español, Mariano Rajoy, aseguraba a pasada sexta en conferencia de prensa en resposta ás preguntas d@s xornalistas, que o goberno non adoptara decisión algunha ao respecto. Porén, restan seis días para que remate o tempo. Comeza a conta atrás.

Comentarios