MAR

TSXG obriga a repetir as eleccións da Federación de Confrarías de Pontevedra malia a oposición da Xunta

A xustiza dá a razón ao colectivo de demandantes a pesar de que a Consellaría nunca estimou os seus recursos
Mariscadoras a faenar nunha seca
photo_camera Mariscadoras a faenar nunha seca

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de desestimar o recurso presentado pola Xunta contra a decisión do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra que en Maio do 2011 anulou as eleccións celebradas no 2009, confirmando as irregularidades cometidas nese proceso electoral, segundo comunica a Asociación Galega de Mariscadoras (Agamar). Os feitos foron denunciados polo patrón maior de Bueu, José Manuel Rosas, que se enfrontaba naquela convocatoria a José Antonio Gómez Castro que resultou, fraudulentamente, gañador.

O propio Rosas foi quen levou o proceso aos tribunais despois de comprobar que a Consellaría do Mar, a responsábel de velar pola limpeza do proceso, tivese desestimado todas as alegacións presentadas con motivo das irregularidades que se tiñan producido. Xa en maio do ano pasado os xuíces recoñeceron que estaba probada a existencia de “inclusións indebidas” nos censos e que por tanto votaron persoas que non tiñan ese dereito. Agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, ratifica esta decisión e sentencia que estas eleccións terán que se repetir.

Comentarios