TSXG dá a razón ao Concello de Pontevedra e exímelle de pagar a débeda que lle pide Sogama

A sentenza exime a Pontevedra de pagar facturas pendentes que lle exixe Sogama en virtude dun canon fixado en 2004 e que o Concello non recoñece. O fallo fai refrenza a facturas de 2008 por importe de 300.000 euros. Con ese mesmo criterio para as de 2009 a 2012 a cantidade rondaría os tres millóns
Sogama

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de ditar unha sentenza, contra a que non cabe recurso, na que dá a razón ao Concello de Pontevedra na súa lea xudicial con Sogama por mor do canon a abonar polo tratamento dos residuos sólidos urbanos. Un canon que Sogama fixou en 2004 e que o goberno local de Pontevedra se nega a abonar, pois considera que non é válido a luz do convenio asinado no seu momento, 1999, entre a sociedade e o Concello.

Desde Sogama víñase reclamando o pago da débeda, pois o Concello botaba contas e non abonaba nas facturas a parte que correspondía a ese canon. Sogama exixiu vía xudicial que se lle abonasen. Agora, o fallo do TSXG exime ao goberno local de ter que pagar 300.000 euros (que Sogama reckamaba polas facturas de agosto a decembro de 2008). Se este mesmo criterio se aplica ao resto dos exercicios, do 2009 a 2012, a cantidade sería de tres millóns de euros.

"Defendemos os dereitos dos nosos veciños, non como outros"

O concelleiro de Facenda de Pontevedra, Raimundo González Carballo, do BNG, sinala que a setenza xudicial é unha boa nova para os pontevedreses, para alén de indicar que dá a razón ás teses do goberno local. "O que nós facemos é defender os intereses do Concello e dos nosos veciños, non como outros", afirmou, en referenza ao PP, que exixía  en non poucas ocasións o pago da débeda.

Comentarios