O Tribunal de xustiza da UE abre a porta a que se poidan anular as hipotecas vinculadas ao IRPH

Ditamina que sexan xuíces e xuízas quen controle se ese índice, que afecta miles de galegos e galegas, é abusivo. En tal caso, poderá substituílo por outro índice legal, como o Euríbor. 

Tribunal europa xustiza

A sentenza do Tribunal de Xustiza Europeo (TXUE) dita mina que corresponde aos xuíces e xuízas de cada estado membro decidir se aplica un interese diferente nos casos nos que considere abusivo o IREH (Índice de referencia dos empréstitos hipotecarios). De consideralo abusiva, sería nula.

Desta forma, o TXUE dá a razón a consumidores e consumidoras con hipotecas referenciadas ao índice IREH ao sentenciar que deben ser as e os maxistrados quen deben controlar se se comercializaron de forma abusiva, o que permitiría exixir compensar as persoas afectadas cando así sexa.

O Tribunal precisa que, cando se considere que houbo abuso, un xuíz dese estado poderá substituír o IREH por outro índice legal (por exemplo, Euríbor) para protexer a consumidores e consumidoras das consecuencias prexudiciais que podería implicar a anulación do contrato de empréstito.

O IREH é un índice empregado por 1,3 millóns de hipotecas no Estado español miles delas na Galiza, e cuxa legalidade estivo en dúbida desde o inicio.

O Índice calcúlase tendo en conta a media dos empréstitos a tres anos concedidos polos bancos (IRPH dos bancos), segundo a oferta media das caixas de aforro (IRPH de caixas, a máis estendida) e o global de entidades (IRPH do conxunto de entidades).

Comentarios