Traballar máis e cobrar menos que a media do Estado, a realidade do mercado laboral galego

O Instituto Nacional de Estatística confirma que Galiza é un dos territorios do Estado español onde se traballan máis horas e onde os salarios son máis baixos.


Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados nesta terza feira confirman que na Galiza trabállanse máis horas e cóbranse peores salarios que a media do Estado español. Unha circunstancia que se prolonga desde hai anos mais que nestes últimos semestres acentuouse. E esta tendencia, ademais, dase nun escenario de empeoramento xeral das condicións laborais.

Segundo o INE, no noso país o salario bruto medio por traballador e traballadora é de 1.675 euros mensuais, o cuarto pola cola a nivel de Estado. A media estatal en canto a salario mensual buto supera os 1.900 euros (en concreto, 1.928).

No que atinxe ao custo laboral por traballor e mes (que inclúe remuneracións e as cotizacións sociais), na Galiza este é de 2.293 mentres que a media do Estado español anda nos 2.583 euros, case 290 euros máis.

Botar horas

O escenario de baixos salarios en Galiza nonb se debe, desde logo, a que se traballen menos horas. O contrario, o noso país supera a meda estatal de horas traballadas. Así, mentres no conxunto do Estado español as horas de traballo por mes son, de media, 136; na Galiza rondan as 137.

Os datos do INE mostran como por terceiro trimestre consesutivo hai un retroceso salarial no conxunto do Estado. Unha situación que demostra que as empresas cada vez gastan menos en salarios.

Comentarios