Traballadores de Nostián e veciños reclaman medidas que poñan fin ás verteduras de lixiviados ao mar

O Comité de Nostián explicou a realidade das verteduras a representantes de entidades veciñais, políticas e sindicais, após os derrames que se rexistraron na planta os días 18, 19 e 20 de xaneiro, tras o desbordamento da balsa de lixiviados.
Nostian

O Comité de Nostián explicou a realidade das verteduras a representantes de entidades veciñais, políticas e sindicais, após os derrames da que se rexistraron na planta de Nostián os días 18, 19 e 20 de xaneiro, tras o desbordamento da balsa de lixiviados. 

O presidente do Comité de empresa, José Manuel Vilariño, demandou a implicación das autoridades para exixirlle á empresa que aplique todas as medidas precisas para evitar que se poidan producir novas verteduras ao mar "e garantir as condicións de seguridade dos traballadores da planta de tratamento de residuos de Nostián".

“Non é só o que pasa exteriormente, senón que tamén temos as naves inundadas en lixiviados e isto supón un grave risco para a saúde dos traballadores porque están en contacto continuo con estes residuos”, denunciaba Vilariño. A este respecto, matizou que incluso o persoal das empresas externas se ve sometido a este perigo, xa que a pesar de estar en contacto cos lixiviados non teñen un lugar onde asearse nin mudar a roupa manchada de residuos.

Identificacións policiais

Ao inicio da visita, foron identificados pola policía local varios membros do Comité de Empresa, da CIG e do BNG.

Comentarios