CONTRATAS DE TELEFóNICA

Traballadores de contratas de Telefónica:“Unha situación laboral incompatíbel cunha democracia”

O PP rexeitou no Congreso unha proposición non de lei que demandaba garantías para as e os traballadores deste sector, en greve desde hai semanas por unhas condicións laborais dignas.

CIG telefonica movistar

O Partido Popular rexeitou esta terza feira unha proposición non de lei presentada polo BNG e na que se demandaba do goberno que actuase perante a “situación precaria” e as condicións “de sobre-explotación” que padecen os traballadores de contratas e sub-contratas de telefonía, moi especialmente de Telefónica. Traballadores que levan semanas en greve indefinida para reclamar unhas condicións laborais dignas.

A portavoz nacionalista no Congreso, Olaia Fernández Davila, explicou que a “desesperante situación” que viven estes operarios levoulles a secundar unha folga xeral de carácter indefinido “para chamar a atención sobre a salvaxe precarización da que son obxecto”. “Hai miles de traballadores sobreexplotados e vivindo situacións de escravitude. A precariedade é de tal calado que incluso son penalizados no traballo”. Para Olaia Fernández Davila “o estado de precarización do mundo laboral é indescriptíbel”. “Non é posíbel manter estas condicións laborais e dicer que vivimos unha democracia.

Na proposición non de lei recollíanse demandas “tan elementais” como que se cumpra a normativa laboral relacionada co prevención e a protección da saúde laboral, que se cumpran os Convenios en canto ás retribucións salariais, xornadas, descansos..

Comentarios