3.000 traballador@s do naval cortan o tráfico en Ferrol máis dunha hora para exixiren carga de traballo

O 30 de xuño remata o prazo para saber se o flotel que a Xunta comprometeu para Navantia Ferrol se constrúe finalmente neste estaleiro, tomando en conta que vendeu a Pemex a factoría de Barreras

photo_camera [Imaxe: Suso Pazos]


Máis de 3.000 traballador@s do naval cortaron o tráfico durante máis dunha hora na ponte das Pías, en Ferrol, na protesta que desenvolveron esta quinta feira reclamando, máis unha vez, carga de traballo. 

O comité de empresa de Navantia advertiu de que, segundo os datos extraoficiais de que dispoñen, "a declaración de intencións" subscrita pola Xunta e a petroleira mexicana Pemex para a construción de dous floteis na Galiza, un en Vigo e outro en Ferrol, "ten data do 30 de xuño".

Cómpre destacar que Pemex se fixo co estaleiro vigués de Barreras, polo que en Navantia temen que o flotel que había para el@s se constrúa tamén alí.

As mobilizacións arrincaron na entrada dos estaleiros de Fene e da cidade departamental e percorreu as principais vías de acceso até unírense as dúas na ponte, onde o tráfico quedou cortado e @s operari@s queimaron pneumáticos canda as súas fundas de traballo. 

Comentarios