A fenda: un traballador en Galiza gaña anualmente 4.400 euros máis que unha traballadora

salario soldo cartos diñeiro

O salario medio subiu en 2017 en 1,92% até situarse en 18.463 euros. A diferenza do salario aquí segue a estar máis de 700 euros por baixo do salario medio español (19.172 euros). A fenda de xénero é clara, cunha diferenza de máis 4.000 euros. Os homes cobran 20.554 euros de media, o que supón 4.431 euros por encima dos 16.123 euros das mulleres.

Aliás, a temporalidade vai en aumento desde 2013 até alcanzar 27%. Unha porcentaxe que sitúa o noso país líder na UE neste aspecto, ao nivel de Polonia.

O Instituto galego de estatística (IGE) publicou estes días o Estudo sobre os salarios, un traballo no que se constata que o peso dos salarios no PIB galego acadou en 2017 o punto máis baixo da serie: 42,3%. Nunca fora tan pouco. Unha presenza moito menor á que os salarios teñen na riqueza española (46,9%) e na Unión Europea (47,2%).

Como rexistra o IGE, de 2000 até agora o peso das remuneración das persoas asalariadas caeu en 4,2 puntos, pasando de 46,5 a 42,3. Nese mesmo período a perda de peso dos salarios a respecto do produto interior bruto español foi de 1,6 (tres veces menos que en Galiza) e en Europa de apenas 0,6.

Comentarios