O 'think tank' da patronal quer aumentar a idade de xubilación a 70 anos

O Instituto de Estudos Económicos (IEE) quer que se exixa un mínimo de 40 anos cotizados para poder cobrar o 100% da pensións. Tamén aposta polo recorte da prestación inicial de desemprego.

Xubiliarse os 70 anos. E ter un mínimo de 40 anos cotizados. Estes son os requisitos que a patronal española quer poñer para que unha persoa poda acceder á xubilación cobrando o 100% da pensión. (con 20 anos cotizados, só cobraría o 50%). Dúas condicións que o Instituto de Estudos Económicos (IEE), o 'think tank' da CEOE, considera que son máis que necesarios para, afirman, garantir o sistema público de pensións.

Non é esta a única achega que o 'think tank' da patronal española deita esta segunda feira. Tamén aposta por reducir a prestación por desemprego inicial. A cambio, ofrece ampliar o cobro da prestación para desempregad@s de longa duración. Iso si, pide unha profunda da reforma das políticas de emprego cunha finalidade: reducir en todo o posíbel o tempo de permanencia no paro.

O IEE considera que os Orzamentos Xerais do Estado presentados recentemente polo goberno son positivos, mais que deberían ser máis “ambiciosos”.


 


 

Comentarios