Mocidade: a fenda salarial entre mulleres e homes é de 1.700 euros

A poboación xuvenil gaña de media un salario que roza os 9.500 euros ao ano. A fenda entre o soldo dun varón e unha muller é de 1.700 euros.

A fenda salarial segue a alargarse
photo_camera A fenda salarial segue a alargarse

A media dos salarios d@s moz@s galeg@s entre 16 e 29 anos é de 9.463 euros/ano. Mais se 'debullamos' a arroba, os números mostran a fenda existente en razón de xénero mesmo no que atinxe ao mercado laboral da mocidade. Así, os mozos teñen un soldo por riba dos 10.300 euros. O das mozas fica nos 8.600. Así pois, 1.700 euros de diferenza entre os ingresos dun home e unha muller en idades entre 16 e 29 anos no mercado laboral galego.

O dato non é unha novidade no que supón reiterar a existencia dunhade gran diferenza salarial entre homes e mulleres en Galiza. Mais ten interese polo que constata da persistencia desta fenda tamén entre aqueles e aquelas traballadoras máis mozas.

O salario dunha muller galega é, en Galiza, inferior nun 23% ao dun home, o que en termos estatísticos se traduce en que cada ano percibe 4.704 euros menos. Esta era unha das conclusións dos diferentes informes elaborados por organizacións sindicais nos últimos anos.

Desiguais até no desemprego

Unha diferenza aínda maior en determinados sectores, como os do comercio, a industria, as actividades financeiras ou os medios de comunicación, onde os salarios femininos supoñen apenas o 70% dos masculinos. Outrosí sucede coas prestacións de desemprego, apenas o 82% das percibidas polos home.

Comentarios