Teresa Ribera non cre que Feixoo sexa "belixerante" sobre o reparto de fondos de recuperación

A ministra de Transición Ecolóxica pide colaboración para a xestión de proxectos eólicos e das indemnizacións aos mariscadores da Ría do Burgo.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, a ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, nunha rolda de prensa o 13 de xaneiro. (Foto: Arxina)
photo_camera O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, a ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, nunha rolda de prensa o 13 de xaneiro. (Foto: Arxina)

A vicepresidenta terceira do Goberno do Estado e ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribera, non "cre" que nin a Xunta de Galiza nin o seu presidente, Alberto Núñez Feixoo, vaian ser "belixerantes" respecto da repartición de fondos europeos de recuperación, cuxos criterios defendeu.

Nunha entrevista concedida a Cadena Ser Galiza e recollida por Europa Press, Ribera achacou a situación "máis a un malentendido que a outra cousa". Así, destacou que desde o seu ministerio, de sete mil millóns, executouse o 90%, "con criterios compartidos polas Comunidades e sen ningún problema".

"A suposta diverxencia pode vir de que algún dos meus compañeiros activase iniciativas para testar, a través de proxectos piloto nalgunhas comunidades, parte das iniciativas do fondo, o que é lexítimo", explicou.

Tamén respecto dos fondos de recuperación e á posta en marcha de proxectos estratéxicos, a ministra asegurou que Galiza "pode aspirar a moitas cousas e moi importantes" en ámbitos como a transición enerxética, a integración de renovábeis de forma respectuosa coas persoas e a contorna; ou o potencial offshore.

A ministra recoñeceu a súa preocupación dada a avalancha de proxectos recibidos, para cuxa xestión as administracións "non estaban preparadas".

Parques eólicos e Alcoa

Tamén sobre as enerxías renovábeis, e respecto das protestas dos veciños dos concellos nos que se estuda instalar novos parques eólicos, a ministra recoñeceu a súa preocupación dada a avalancha de proxectos recibidos, para cuxa xestión as administracións "non estaban preparadas".

Por ese motivo pediulles a todas as administracións "colaborar", "facer un esforzo", para resolver "canto antes" e coa maior "transparencia" todos os procesos. Declarou, neste sentido, que sempre se traballa "co máximo respecto" a tres principios: o respecto á normalidade, á garantía do procedemento; o estudo de cuestións ambientais, patrimoniais e históricas e a compatibilidade coas actividades propias do lugar; así como coa escoita aos cidadáns e concellos, "os máis presionados".

Ribera argumentou ademais que o impulso ás enerxías renovábeis pode influír no abaratamento do recibo da luz. "É a mellor receita, canta máis enerxía renovábel teñamos e máis eficiente sexa o sistema, menos dependeremos do exterior", sinalou.

Respecto de Alcoa, a responsable de Transición Ecolóxica desexou que as cubas volvan funcionar antes de dous anos e lembrou que a compañía "está en disposición de negociar con diferentes provedores de electricidade a prezo fixo, e sería enormemente desexábel que isto fose así sen prexuízo do acordo de tipo privado, apoiado polos traballadores". "A mellor solución está onde se produce un acordo, pero o país debe apostar por unha produción de calidade de produtos estratéxicos, o máis verde posible", apuntou a ministra.

A este respecto, lembrou que desde o Ministerio non teñen "habilitación" para xestionar axudas directas deste tipo, senón que a ten a Xunta, pero que, "custando a operación 34 millóns de euros, non tería sentido negociar a letra pequena da protección social".

Dragado da Ría do Burgo

Por outra parte, Teresa Ribera tamén abordou o inicio das tarefas de dragado da Ría do Burgo (A Coruña) e á controversia respecto das indemnizacións ás mariscadoras. A este respecto, lembrou que desde o Ministerio non teñen "habilitación" para xestionar axudas directas deste tipo, senón que a ten a Xunta, pero que, "custando a operación 34 millóns de euros, non tería sentido negociar a letra pequena da protección social".

"A Xunta cubriuno noutras ocasións, pero se nolo pide a nós, podemos facelo, pero ten que estar ben armado", comentou Ribera, que engadiu ademais que na súa última conversa co presidente do Goberno da Galiza acordaron "que os servizos técnicos atopen como facelo e que se resolva canto antes". "Non quixese que sintan que este proxecto, que é moi bo para todos, é unha desgraza por ver a súa actividade económica parada", subliñou.

Á ministra tamén se lle preguntou polos plans de recuperación demográfica para a Galiza, que Ribeira cualificou de "fundamentais". "Foi un ángulo morto do retrovisor durante moitos anos, pero agora traballamos ao redor de catro grandes puntos: a conectividade-mobilidade, a facilidade no acceso á vivenda, os servizos e a diversificación da actividade económica", explicou.

"É chave que os gandeiros escoiten unha e outra vez que non hai dúbida da súa calidade nin da sensibilidade do Executivo cara ao seu sector", insistiu, ademais de apuntar que "sacar deste foco o debate ten máis que ver con distraer doutras frontes que non están a saír á luz".

Polémica das macrogranxas

Por último, Ribera valorou a polémica que durante esta semana provocaron as declaracións do ministro de Consumo, Alberto Garzón, a un medio británico sobre as macrogranxas, e que Ribera cualificou de "ruído moi desafortunado".

"O señor Garzón di cousas sobre as que hai pouca controversia, o conxunto de españois e todo o Goberno apoia ás pequenas explotacións familiares e á gandaría intensiva, do mesmo xeito que sabemos que hai necesidade de mellora na gandaría industrial, con diferentes tamaños e que respecta na súa maioría a normativa", sinalou.

"É chave que os gandeiros escoiten unha e outra vez que non hai dúbida da súa calidade nin da sensibilidade do Executivo cara ao seu sector", insistiu, ademais de apuntar que "sacar deste foco o debate ten máis que ver con distraer doutras frontes que non están a saír á luz".

Comentarios