"Temos que dar o debate: hai vías posíbeis para crear emprego e poden ser aplicadas"

A CIG vén de presentar '100 medidas para o crecemento económico e a creación de emprego en Galiza'. Unha campaña que, en palabras do seu secretario xeral, Suso Seixo, achega propostas e alternativas orientadas a unha saída da crise favorábel á maioría social.

Suso Seixo

Suso Seixo (Curtis, 1952) é o secretario xeral da Confederación Intersindical Galega (CIG), central que está a impulsar unha campaña para situar a preocupante destrución de emprego que se está producir en Galiza no primeiro plano do debate tanto social como nas institucións. Un dos eixos desa iniciativa son as “100 medidas para o crecemento económico e a creación de emprego en Galiza”. "Non estamos a propoñer facer a revolución", afirma Seixo esbozando un medio sorriso, "son propostas factíbeis que facemos para que se adopten políticas distintas e que favorezan á maioría social".

Unha campaña, din, para poñer o paro no epicentro do debate e achegar propostas, alternativas... 

O problema fundamental que ten este país é a falta de traballo, con todo o que iso implica: emigración, pobreza e exclusión social, debilitamento da propia clase traballadora, co que iso implica á hora de defender os seus intereses...Por iso poñemos no primeiro plano o debate sobre o emprego e o crecemento económico. Facer ver que aquí hai posibilidade de impulsar outras políticas económicas, que é fundamental crear traballo, recuperar a base industrial e material deste país para poder aspirar a unha condicións minimamente dignas. 

Entrevista completa no nº68 do Sermos Galiza, xa nos quiosques e disponíbel para ser descarregado na nosa loxa

Comentarios