domingo 24/10/21

O Supremo insta o Estado a indemnizar a Audasa pola "peaxe na sombra" de dous tramos da AP-9

A Sala Terceira do Tribunal Supremo ditou a favor de Audasa na súa disputa contra o Estado e a Xunta e recoñeceu o dereito a ser indemnizado pola modificación realizada en 2017 do sistema de remuneracións da 'peaxe na sombra' implementado en 2006 en dous tramos da AP-9 en Rande e A Barcala, co obxectivo de que fosen de balde para as usuarias.

Con isto, o alto tribunal estima o recurso presentado pola empresa e, polo tanto, insta á anulación da modificación aprobada polo Real decreto en 2017, a reimplantar o sistema de cálculo acordado en 2006 e indemnizar a empresa polos danos causados.

Audasa estima en case 5 millóns de euros (4,91 millóns) as perdas causadas por esta modificación en só un ano e 482 millóns o dano que suporía o conxunto do período restante de concesión da estrada (até 2048 se estivese o sistema de pago orixinal do 2006.

comentarios