O Supremo "dá a razón" á Xunta, que recuperará os 200 millóns do IVE que esixía ao Goberno español

Feixoo reitera que "non ten sentido" que o IVE recadado na Galiza "non repercuta na facenda pública galega".
Tribunal Supremo
photo_camera Tribunal Supremo

O Tribunal Supremo (TS) deu a razón á Xunta e, segundo o fallo que foi notificado ao Executivo galego, Galiza poderá recuperar os ao redor de 200 millóns que reclamaba ao Goberno español en concepto do IVE pendente de decembro de 2017.

Recentemente, o alto tribunal xa avalara a mesma esixencia de Castela e León. Por iso, en declaracións aos medios en Porto, Feixooo remarcou que era "unha noticia esperada". "Mais non por iso deixa de ser unha excelente noticia", indicou.

Así, recalcou que a Xunta "tiña razón" e que "non ten sentido" que o IVE recadado na Galiza e correspondente a ese mes de decembro de 2017 "non repercuta na facenda pública galega".

Feixoo lembrou que o "conxunto" de autonomías impulsaron esta reivindicación

Feixoo lembrou que o "conxunto" de autonomías impulsaron esta reivindicación e apuntou que se expuxeron propostas de negociación ao Executivo que dirixe Pedro Sánchez, mais "todas foron rexeitadas", o que levou a "xudicializar" o proceso para que o Goberno español fixese fronte á súa "débeda".

Así as cousas, celebrou que "por fin" o Supremo repón "o equilibrio e a orde estatutaria e constitucional", incidindo en que do recadado ena Galiza "o 50% do IVE e do IRPF corresponde aos galegos.

Recuperar agora os ao redor de 200 millóns que esixía a Xunta (204 millóns) é, en palabras do presidente, "unha moi boa noticia" no actual contexto económico da pandemia.

Comentarios