Suíza elimina a remuneración variábel dos altos directivos de Credit Suisse

O FMI advirte das consecuencias financeiras das tensión xeopolíticas.
Sede de Credit Suisse en Londres (Foto: Vuk Valcic / Zuma Press Wire / DPA).
photo_camera Sede de Credit Suisse en Londres (Foto: Vuk Valcic / Zuma Press Wire / DPA).

O Consello Federal de Suíza decidiu esta terza feira que cancelará por completo a remuneración variábel que o consello de administración de Credit Suisse tiña recoñecida a finais de 2022 como contrapartida polo proceso de rescate, que aínda que será executado por UBS conta co respaldo do sector público.

Así mesmo, a retribución non fixa do equipo directivo que está un nivel por baixo do consello de administración reducirase 50%, mentres que os directivos que están dous niveis por baixo verán reducida a súa remuneración variábel en 25%.

As tres medidas de reducción da remuneración do persoal directivo do banco terán impacto sobre 1.000 directivos e directivas ás que se lles deixará de abonar entre 50 e 60 millóns de francos suízos (50,57 e 60,68 millóns de euros).

Por outra parte, a Autoridade de Supervisión do Mercado Financeiro de Suíza explicou que até o momento en que se tomou a decisión para o rescate de Credit Suisse mediante a súa adquisición por parte de UBS traballara en catro potenciais alternativas.

Estas alternativas da autoridade de supervisión suíza incluían, ademais da adquisición por outra entidade, a nacionalización temporal, a resolución e un plan de emerxencia para a quebra do banco.

Ao respecto, o Fondo Monetario Internacional (FMI) sinalou que a crise financeira que desembocou no rescate de Credit Suisse coa adquisición por parte do seu rival UBS co apoio das autoridades suízas merece unha revisión coidadosa no futuro.

O FMI advirte do perigo das tensións xeopolíticas

Ademais diso, o FMI advertiu que a fragmentación financeira esporeada polas tensións xeopolíticas podería ter "potenciais implicacións graves" para a estabilidade financeira mundial e aumentar a volatilidade dos mercados, pois trastorna a asignación transfronteiriza de capitais, os sistemas de pagos internacionais e os prezos dos activos.

Comentarios