Subdelegación do goberno dita medidas para 'restrinxir' a tractorada en Lugo

A patronal pedira a súa intervención argumentando que era un risco para a seguridade e que afectaba a negocios da zona. Os tractores que rodean a muralla terán que facer unha 'ringleira'

tractores campo galego

Un detrás de outro, en ringleira de a un e deixando 2 carrís libres. Así é como a partir de agora deben de posicionarse as ducias de tractores que desde principios do mes de decembro manteñen unha tractorada en torno á Muralla de Lugo. A subdelegación do goberno español vén de ditar esta medida esta terza feira, atendendo ás peticións feitas desde a patronal lucense. Subdelegación pide, ademais, que os tractores deben deixar libres os accesos ao interior da cidade amurallada, o que fan desde un principio.

O secretario xeral da Confederación de empresarios de Lugo (CEL).Jaime López,queixábase de que esta tractorada provoca prexuízos económicos aos comerciantes do centro.López sinalaba que "o caos” na circulación “pode levar a falta de seguridade, con algún sinistro ou o feito de trasladar a un doente ou un incendio que impida que os camións de bombeiros podan circular con normalidade". Situacións que afectan, sostén á “orde pública e á seguridade cidadá”.

Comentarios