Tamén no San Froilán, e en Lugo, hai oco para a loita e a reivindicación. Por iso, centos de [email protected] no calote das preferentes, procedentes de toda Galiza, manifestáronse pola cidade lucense para exixir, máis unha vez, “xustiza”. Estiveron acompañ[email protected] doutros colectivos, coma o [email protected] emigrantes [email protected], que se senten tamén vítimas dun “saqueo” polas multas e sancións de Facenda a aqueles que cobran pensión do estranxeiro.
Foron por volta de 5.000 persoas as que tomaron parte na manife, segundo @s [email protected] [email protected] na súa maior parte, mais tamén asistiron á mesma cidadáns que querían manifestar o seur exeitamento a este calote. E asistiron á marcha representantes do BNG, AGE e PSdeG.
Tan só en Lugo aínda fican case 4.300 persoas que teñen os seus aforros atrapados en prefrentes de NGB
A manifestación partiu da praza existente perante a delegación da Xunta para, tras recorrer varias rúas, finalizar no mesmo lugar. A mensaxe, tan clara coma sempre: “Exiximos a devolución dos 564 millóns de euros que nos roubou o Frob co cambio por accións e quita”. Unha “estafa”, un “saqueo” ou un “roubo” segundo @s [email protected], que non dubidan de sinalar responsábeis: Feijóo, Rajoy, De Guindos e Castellano, os primeiros.
“Cos nosos aforros sanearon NGB para regalarlla agora a un especulador foráneo”
Consideran que lles roubaron “os nosos aforros” en Novagalicia Banco para sanear esta entidade e agora “regalala a un especulador foráneo”. Insisten en que a devolución dos seus cartos é de xustiza. E, malia os meses de protestos e manifestacións, non están cansos nin, moito menos, derrotados. Pensan seguir.