CIG activa un plan solidario de axuda alimentaria para afiliad@s con menos recursos

O plan funcionará como un banco de alimentos e da súa xestión encargaranse grupos de afiliado@s voluntari@s. O sindicato activa esta iniciativa ante a "situación de emerxencia social" que afecta a milleiros de galeg@s
Desemprego xuvenial

A CIG está a traballar na posta en marcha dun plan solidario de axuda alimentaria dirixido á afiliación con menos recursos económicos. A central nacionalista decideu impulsar este iniciativa ante a “situación de emerxencia social” na que se atopan milleiros de persoas e así fomentar ao mesmo tempo a solidariedade entre a afiliación.

O plan funcionará "de xeito similar a un banco de alimentos e da súa xestión encargaranse grupos de afiliad@s voluntari@s".

Así, a central recollerá alimentos non perecedeiros entre a súa afiliación "que serán repartidos entre militantes e tamén entre aquelas persoas que deixaron de abonar a cota sindical nos últimos nove meses por razóns económicas. Tamén se recollerán achegas económicas que se destinarán á adquisición de alimentos para repartir".

Esta iniciativa responde á “situación de emerxencia social” na que se atopan milleiros de familias na Galiza pola crise económica e procura, aliás, fomentar a solidariedade entre as e os afiliados ao sindicato

Comentarios