Socialistas e populares rebaixan en Pontedeume as demandas para salvar o naval

O BNG de Pontedeume vén de denunciar o que califica de “rebaixa sustancial” feita na declaración institucional sobre a situación do sector naval acordada por PP e PSOE neste concello de Ferrolterra, pois na mesma non se contemplaban catro pontos fundamentais que sí recollían os acordos (PP incluído) aprobados polo Parlamento Galego. Os nacionalistas consideran imprescindíbel por parte do Goberno español a consignación necesaria dentro dos orzamentos xerais para 2012 para a construcción do dique flotante, a realizar por Navantia Ferrol-Fene, así coma o inicio inmediato de negociacións na UE para conseguir o levantamento do veto á construción naval civil nos estaleiros públicos da ría de Ferrol.

A elo engaden a demanda ao goberno galego de que se presente o proxecto de Centro de Reparacións Navais na ría de Ferrol, comprometido polo Presidente da Xunta no coñecido como "contrato con Ferrol".

Comentarios