LABORAL

Só o 8% dos contratos que se fan na Galiza son indefinidos

A CIG alerta para as "devastadoras consecuencias" que a reforma laboral está a ter no mercado laboral ao disparar a temporalidade
Mobilización contra a precariedade
photo_camera Mobilización contra a precariedade

Non hai traballo, e o que hai, é cada vez máis precario e eventual. Un escenario que están a denunciar desderiba hai tempo os sindicatos, nomeadamente a CIG, e que volve ser posto riba da mesa tras os últimos datos de desemprego na Galiza. A central nacionalista advirte que segue a caer a contratación indefinida, que pasou do 9 ao 8,1 por cento, "constatándose un incremento da temporalidade".

Neste sentido, a CIG sinala que pese a que en maio o número de persoas desempregadas reduciuse en 1.036, nese mes rexistráronse un total de 52.000 contratos máis que no anterior.

Os datos de contratación e de paro veñen demostrar, segundo explica Antonio López Rivera, secretario confederal de Emprego da CIG, “a nula efectividade que está a ter a reforma laboral, canto a creación de emprego”. Por contra, salienta “os devastadores efectos que está a provocar incrementando a eventualidade e unha elevadísima rotación no escaso emprego existente e, en consecuencia, unha maior precarización das condicións laborais”.

Comentarios